jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR










Hoxe, 23 de abril, é o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020.
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación: 

"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"


Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!

Texto extraído da web das Bibliotecas Escolares de Galicia


















PROPIEDADE INTELECTUAL, 26 de abril de 2020 

O 26 de abril celébrase o Día Mundial da Propiedade Intelectual, que foi decretado pola ONU a través do seu organismo Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI), co obxectivo de coñecer a función que teñen os dereitos de propiedade intelectual e con iso valorar e fomentar a innovación e a creatividade.
Enlaces de interese:



No hay comentarios:

Publicar un comentario