lunes, 13 de diciembre de 2021

T - LEMOS : ORELLAS DE BOLBORETA

O venres 10 de decembro, os nen@s de 1º de EP do noso cole prepararon un contacontos moi divertido: 


"ORELLAS DE BOLBORETA"

co que agasallaron aos nen@s de 5 anos da EEI San Roque. 
Conectámonos por vídeoconferencia as 4 aulas, as dúas de 5 anos e as duas de 1º. 
A verdade que pasamos un rato moi divertido!!!
Os neno@s aproveitaron para saudar aos seus compañeir@s do curso pasado, e para falar coas súas mestras  ata fai poucos meses.
Debaixo tedes os vídeos do contacontos e a canción que prepararon con moito agarimo o alumnado de 1º.

Esperamos que vos gusten.

Canción


Contacontos



Canción

martes, 30 de noviembre de 2021

25N CONTRA TODO TIPO DE VIOLENCIA

CHÁPA-O
 
Para conmemorar unha data tan especial como o 25 de novembro, e deixar claro o noso rexeitamento ante calquer tipo de violencia, o alumnado elaborou as súas propias chapas con mensaxes positivas e de rechazo. 
 



lunes, 22 de noviembre de 2021

SEMANA DA CIENCIA NO CEP LOIS TOBÍO 2021

 Esta semana celebramos no noso colexio a:



Esperamos que vos guste a actividade.

Picando na imaxe podedes ver os retos de cada día.

MOITO ÁNIMO E A RESOLVER OS RETOS!!!


sábado, 20 de noviembre de 2021

Novembro, Ciencia e palabras.... ÓSMOSIS

 Ósmosis!!!.... Osmo queeeee???? Ósmosis!!!!! 

Esta foi a palabra que aprendimos os nenos/as de primeiro e segundo na semana da ciencia.....  No seguinte video veredes en qué consistiu o noso experimento. Levamos un rexistro do material que precisábamos, dos pasos a levar a cabo, das hipóteses sobre o que creíamos que ía acontecer e do que finalmente ocurríu. 

Con este experimento aprendimos que o sal funcionou como barreira protectora para que auga non entrase no osiño de gominola, impedindo así que aumentase o seu tamaño, xusto o contrario do que pasou nos osiños que estaban con auga sola, que inflaron e estaban máis xelatinosos.... e todo isto para tratar de que haxa a mesma concentración de auga. 






lunes, 1 de noviembre de 2021

A maleta mariñeira


Estos días recibimos no noso cole A MALETA MARIÑEIRA, unha maleta chea de contos nos que a temática principal eran os nosos mares, océanos e os seres vivos que neles habitan. Dende libros de investigación ata libros que incuían historios do máis divertidas e inxeniosas, a través das cales coñecimos a aprendimos, un pouco máis, sobre a importancia de coidar a vida mariña. 








 

viernes, 29 de octubre de 2021

SAMAÍN 2021

 
 
Grazas a todos/as, un ano máis, por participar na ambientación e decoración do noso colexio... Entre todos conseguimos que entrar no cole, esta última semana, fose algo, realmente terrorífico!!!!

lunes, 4 de octubre de 2021

Formación de usuarios 2021/2022



A través de divertidos e explosivos xogos, os/as pequenos/as do CEP Lois Tobío aprenderon a como ter a nosa biblio ordenada; colocaron cada libro no seu lugar, buscaron libros a través das etiquetas e lanzaron dados de letras para ubicarse na balda correspondente..... e con todos estos xogos.... xa poden disfrutar a tope da sua biblio!!!