Durante a semana pasada levamos a cabo a Semana dos Retos. No taboleiro da biblioteca plantexamos un reto por día. Os retos foron escollidos de entre os moitos que atopamos nos libros da biblioteca. A maneira de resolver estes enigmas escolleuno cada clase, algúns fixérono de xeito individual, outros por equipos ou incluso, en gran grupo.
Estes/as pequenos/as de terceiro curso conseguiron superar o reto dos 9 mistos..... Como facer catro triángulos con 9 mistos colocados en forma de gran triángulo???
Noraboa rapazada!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario