martes, 14 de abril de 2020

Aula de 2ºB



Os/as nenas/os de 2ºB cóntannos como se atopan.... é un gustazo velos/as tan ben!!!! Botámosvos moito de menos a todos/as!!!!

Un bicazo.


Contos con tempo parte II



Queredes lernos o voso conto??? síiii??? animádesvos???? Sería xenial!!!!

Dende a clase de 3ºA, en concreto Martina, xunto coa sua familia, pasan parte do tempo na casa lendo todos xuntiños.... e si xa montan un vídeo coma este.... queda unha actividade súperchula para enseñarlle aos vosos/as compis.... GRACIAS FAMILIA.... e aos demáis, esperamos que vos guste!!!
Se pinchades no título do conto accederes á páxina onde poderedes comprar este conto e así colaborar n asociación de persoas xordocegas de España....

Una Vartia Mágica para Dulce
Autora María J. Cuesta

CONTOS CON TEMPO PARTE I




Ola pequenos/as heroes e heroínas!!!!






 Noraboa por estar cumplindo tan ben esta misión de estar na casa para escondernos deste bechiño.... Recordade, UN DÍA MÁIS É UN DÍA MENOS!!! VENCEREMOS!!!!






 Dende a biblioteca pensamos que, como agora temos tempo, sería bo momento para contar algún conto. 

Aquí vos deixamos unha serie de contos contados por profes e profas dende a súa casiña... A ver que vos parecen.... 😉


Rebeca, a profe de primeiro, gravou este conto que ademáis incorpora algunha actividade ao final.... a ver que vos parece.....

A vaca que puxo un ovo
editorial PATAS DE PEIXE
Autor/a: Andy Cutbill



 




Paula, a profe de quinto, xunto co seu pequeno, contaron este conto que nos vén de marabilla para recordarvos que o pasado 13 de abril foi o día do bico.... 




¿De qué color es un beso?
Editorial ALGAR
Autora Rocío Bonilla






Iván, o profe de educación física, xunto coa súa familia, tamén vos queren adicar este conto, un conto xenial para que recordedes a importancia das amizades e da valentía.... 

O Coelliño branco
Editorial Kalandraka
Autor Xosé Ballesteros






martes, 7 de abril de 2020

Dia do libro infantil



O pasado 2 de abril celebrouse o día do libro infantil.... Ainda estamos a tempo para conmemorar esta data!!!!

 Imos a propoñervos dúas actividades e vos escolledes en cal participar:

ACTIVIDADE 1: CONTOCHE O QUE LEO
 Nun vídeo cortiño, que non exceda un minuto de duración,  presentaredes un libro ben porque é o voso libro preferido ou ben porque é o que estades a ler agora; e leredes un pequeno parágrafe do mesmo.

ACTIVIDADE: 2 FAME DE PALABRAS
Enviaredes unha foto coa portada do libro que vos gusta xunto cunha palabra que conteña dito libro.
Esta proposta vén dende a asesoría de bibliotecas escolares e pareceunos moi interesante. Pinchade aquí para ver un exemplo.


A dirección de envío dos vosos traballos é:

biblioteca.loistobio@gmail.com

En asunto teredes que poñer o nome da actividade.
Indica o nome e curso do/a participante. 

DATA MÁXIMA DE ENTREGA XOVES 16 DE ABRIL 


ANÍMADEVOS A PARTICIPAR!!!




CIDADÁNS NA RÚA

"Cidadáns na rúa", este é o título do noso proxecto para o presente curso escolar..... Pois ao final, por tanto como está a acontecer, o lema terémolo que seguir traballando dende a casa, escondéndonos deste bechiño chamado Coronavirus. Temos que demostrar que somos uns e unhas cidadáns responsables cumprindo as normas, que a verdade, son ben sinxelas...... Estar na casiña!!!

Seguro que moitos/as de vosoutros/as estades xa fartos/as de non poder saír, fartos/as de que os vosos días parezan todos iguais, fartos/as de non poder ver e achuchar a tanta xente que botades en falta, fartos/as de escoitar a palabara coronavirus, fartos/as de ter que traballar desde a casa,.... pois dádelle a volta aos vosos pensamentos, sodes afortunados/as.... siiiii, claro que síiii!!! Estades na casa porque os hospitais, as rúas, os supermercados, as farmacias, as librerías, as panadarías, ........  están ao fronte de heroes e heroínas que nos coidan, nos protexen, nos suministran e loitan por todos/as nosoutros/as. 
Parece que estamos no medio dunha historia deses cómics que tanto vos gustan de Marvel jajajajajajjaja, pois imaxinade que somos os/as compañeiros/as que axuda a tanto superheroe, e a nosas misións son:
- Quedar na casa para que o vilán deste cómic (O Coronavirus) non nos atope.
- Cumprir con todas as recomendacións hixiénicas, porque este vilán é débil ante productos de limpeza como a lexía e de hixiene como a auga e o xabón. 
- Animar a todos/as aqueles/as heroes e heroínas que están acabando con este malo do conto, o Coronavirus... (doutrores/as, científicos/as, enfermeiros/as, auxiliares, celadores/as, persoal de limpeza, pacientes, policías, gardas civís,.....) e como non, tamén hai que animar a eses/as heroes e heroínas que axudan a que poidamos ter un pouco de normalidade nesta historia, como son os/as dependentes/as, granxeiros/as, mariñeiros/as, agricultores/as, actores e actrices, músicos/as, deportistas, cómicos/as,.... e unha longa lista de persoas que aportan o seu gran de area para que todo isto funcione.

AGORA MESMO TODOS/AS TEMOS UNHA MISIÓN!!!



jueves, 26 de marzo de 2020

Rosalia e o día da muller

O día 21 de marzo foi o día da poesía, ese xénero literario caracterizado pola manifestación de sentimentos, emocións e reflexións que pode expresar o ser humano en relación con diferentes temáticas. No seguinte enlace tres nenas de primeiro recitan tres poemas de Rosalía. Recitáronos na biblioteca tendo como fondo un mural feito entre toda a clase sobre poemas de Rosalia de Castro.











miércoles, 19 de febrero de 2020

EDNL e a exposición de cómics

Baixo o título      "En que me quero converter de maior?"  lográstedes escribir historias do más orixinais, emotivas e divertidas. Para elo inspirástesdesvos en alguén próximo a vosoutros/as porque considerástedes que teñen un valor o unha habilidade que vos admirades.
Moitos/as de vosoutros/as acudístedes á biblioteca para consultar libros de banda deseñada (Gerónimo Stilton, Animalia, Fiz, Astro Rat, clásicos  como Asterix e Obélix, Tintín...)