"Cidadáns na rúa", este é o título do noso proxecto para o presente curso escolar..... Pois ao final, por tanto como está a acontecer, o lema terémolo que seguir traballando dende a casa, escondéndonos deste bechiño chamado Coronavirus. Temos que demostrar que somos uns e unhas cidadáns responsables cumprindo as normas, que a verdade, son ben sinxelas...... Estar na casiña!!!
Seguro que moitos/as de vosoutros/as estades xa fartos/as de non poder saír, fartos/as de que os vosos días parezan todos iguais, fartos/as de non poder ver e achuchar a tanta xente que botades en falta, fartos/as de escoitar a palabara coronavirus, fartos/as de ter que traballar desde a casa,.... pois dádelle a volta aos vosos pensamentos, sodes afortunados/as.... siiiii, claro que síiii!!! Estades na casa porque os hospitais, as rúas, os supermercados, as farmacias, as librerías, as panadarías, ........ están ao fronte de heroes e heroínas que nos coidan, nos protexen, nos suministran e loitan por todos/as nosoutros/as.
Parece que estamos no medio dunha historia deses cómics que tanto vos gustan de Marvel jajajajajajjaja, pois imaxinade que somos os/as compañeiros/as que axuda a tanto superheroe, e a nosas misións son:
- Quedar na casa para que o vilán deste cómic (O Coronavirus) non nos atope.
- Cumprir con todas as recomendacións hixiénicas, porque este vilán é débil ante productos de limpeza como a lexía e de hixiene como a auga e o xabón.
- Animar a todos/as aqueles/as heroes e heroínas que están acabando con este malo do conto, o Coronavirus... (doutrores/as, científicos/as, enfermeiros/as, auxiliares, celadores/as, persoal de limpeza, pacientes, policías, gardas civís,.....) e como non, tamén hai que animar a eses/as heroes e heroínas que axudan a que poidamos ter un pouco de normalidade nesta historia, como son os/as dependentes/as, granxeiros/as, mariñeiros/as, agricultores/as, actores e actrices, músicos/as, deportistas, cómicos/as,.... e unha longa lista de persoas que aportan o seu gran de area para que todo isto funcione.
AGORA MESMO TODOS/AS TEMOS UNHA MISIÓN!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario