martes, 7 de abril de 2020

Dia do libro infantil



O pasado 2 de abril celebrouse o día do libro infantil.... Ainda estamos a tempo para conmemorar esta data!!!!

 Imos a propoñervos dúas actividades e vos escolledes en cal participar:

ACTIVIDADE 1: CONTOCHE O QUE LEO
 Nun vídeo cortiño, que non exceda un minuto de duración,  presentaredes un libro ben porque é o voso libro preferido ou ben porque é o que estades a ler agora; e leredes un pequeno parágrafe do mesmo.

ACTIVIDADE: 2 FAME DE PALABRAS
Enviaredes unha foto coa portada do libro que vos gusta xunto cunha palabra que conteña dito libro.
Esta proposta vén dende a asesoría de bibliotecas escolares e pareceunos moi interesante. Pinchade aquí para ver un exemplo.


A dirección de envío dos vosos traballos é:

biblioteca.loistobio@gmail.com

En asunto teredes que poñer o nome da actividade.
Indica o nome e curso do/a participante. 

DATA MÁXIMA DE ENTREGA XOVES 16 DE ABRIL 


ANÍMADEVOS A PARTICIPAR!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario