Seguimos traballando sobre os dereitos da infancia.... Os alumnos de quinto curso, despois de visitar a biblioteca, escolleron un libro da biblioteca para ler, debatir e traballar sobre o tema. Escolleron o libro "A caixa máxica", da colección "Os Dereitos dos nenos e nenas", no que se recolle a historia dunha vila na que todos/as os /as nenos/as se portan mal e os seus pais e nais deciden pedir axuda.
Artigo 2º
"O neno ou a nena debe estar en situación de desenvolverse dunha maneira sa e normal, no plano físico, intelectual, moral, espiritual e social, en condicións de liberdade e dignidade".
No hay comentarios:
Publicar un comentario