martes, 7 de abril de 2020

Dia do libro infantil



O pasado 2 de abril celebrouse o día do libro infantil.... Ainda estamos a tempo para conmemorar esta data!!!!

 Imos a propoñervos dúas actividades e vos escolledes en cal participar:

ACTIVIDADE 1: CONTOCHE O QUE LEO
 Nun vídeo cortiño, que non exceda un minuto de duración,  presentaredes un libro ben porque é o voso libro preferido ou ben porque é o que estades a ler agora; e leredes un pequeno parágrafe do mesmo.

ACTIVIDADE: 2 FAME DE PALABRAS
Enviaredes unha foto coa portada do libro que vos gusta xunto cunha palabra que conteña dito libro.
Esta proposta vén dende a asesoría de bibliotecas escolares e pareceunos moi interesante. Pinchade aquí para ver un exemplo.


A dirección de envío dos vosos traballos é:

biblioteca.loistobio@gmail.com

En asunto teredes que poñer o nome da actividade.
Indica o nome e curso do/a participante. 

DATA MÁXIMA DE ENTREGA XOVES 16 DE ABRIL 


ANÍMADEVOS A PARTICIPAR!!!




CIDADÁNS NA RÚA

"Cidadáns na rúa", este é o título do noso proxecto para o presente curso escolar..... Pois ao final, por tanto como está a acontecer, o lema terémolo que seguir traballando dende a casa, escondéndonos deste bechiño chamado Coronavirus. Temos que demostrar que somos uns e unhas cidadáns responsables cumprindo as normas, que a verdade, son ben sinxelas...... Estar na casiña!!!

Seguro que moitos/as de vosoutros/as estades xa fartos/as de non poder saír, fartos/as de que os vosos días parezan todos iguais, fartos/as de non poder ver e achuchar a tanta xente que botades en falta, fartos/as de escoitar a palabara coronavirus, fartos/as de ter que traballar desde a casa,.... pois dádelle a volta aos vosos pensamentos, sodes afortunados/as.... siiiii, claro que síiii!!! Estades na casa porque os hospitais, as rúas, os supermercados, as farmacias, as librerías, as panadarías, ........  están ao fronte de heroes e heroínas que nos coidan, nos protexen, nos suministran e loitan por todos/as nosoutros/as. 
Parece que estamos no medio dunha historia deses cómics que tanto vos gustan de Marvel jajajajajajjaja, pois imaxinade que somos os/as compañeiros/as que axuda a tanto superheroe, e a nosas misións son:
- Quedar na casa para que o vilán deste cómic (O Coronavirus) non nos atope.
- Cumprir con todas as recomendacións hixiénicas, porque este vilán é débil ante productos de limpeza como a lexía e de hixiene como a auga e o xabón. 
- Animar a todos/as aqueles/as heroes e heroínas que están acabando con este malo do conto, o Coronavirus... (doutrores/as, científicos/as, enfermeiros/as, auxiliares, celadores/as, persoal de limpeza, pacientes, policías, gardas civís,.....) e como non, tamén hai que animar a eses/as heroes e heroínas que axudan a que poidamos ter un pouco de normalidade nesta historia, como son os/as dependentes/as, granxeiros/as, mariñeiros/as, agricultores/as, actores e actrices, músicos/as, deportistas, cómicos/as,.... e unha longa lista de persoas que aportan o seu gran de area para que todo isto funcione.

AGORA MESMO TODOS/AS TEMOS UNHA MISIÓN!!!



jueves, 26 de marzo de 2020

Rosalia e o día da muller

O día 21 de marzo foi o día da poesía, ese xénero literario caracterizado pola manifestación de sentimentos, emocións e reflexións que pode expresar o ser humano en relación con diferentes temáticas. No seguinte enlace tres nenas de primeiro recitan tres poemas de Rosalía. Recitáronos na biblioteca tendo como fondo un mural feito entre toda a clase sobre poemas de Rosalia de Castro.











miércoles, 19 de febrero de 2020

EDNL e a exposición de cómics

Baixo o título      "En que me quero converter de maior?"  lográstedes escribir historias do más orixinais, emotivas e divertidas. Para elo inspirástesdesvos en alguén próximo a vosoutros/as porque considerástedes que teñen un valor o unha habilidade que vos admirades.
Moitos/as de vosoutros/as acudístedes á biblioteca para consultar libros de banda deseñada (Gerónimo Stilton, Animalia, Fiz, Astro Rat, clásicos  como Asterix e Obélix, Tintín...)






domingo, 19 de enero de 2020

ESTRAFALARIAS E UTOPÍAS



Grazas ATENEA por contarnos con tanto agarimo e sentimento esa manchea de libros cheos de mensaxes tan importantes como o respecto, a tolerancia, a valentía, o amor...











OS BOLECHAS VAN A VIVEIRO




Antes de dar comezo coas vacacións de Nadal tivemos a gran sorte de ser agasallados co novo libro dos Bolechas, "van aViveiro". Un libro que aos nenos/as de primeiro ciclo nos veu de marabilla para falar da nosa localidade e de eventos tan importantes que terán lugar no 2020 como é o centenario do noso teatro Pastor Díaz. 
   Empregamos o libro para falar de lugar emblemáticos do noso concello e ubicalos no mapa das rúas de Viveiro... Encantounos, moitas grazas!!!!









martes, 7 de enero de 2020

Teatro en familia



Familias de alumnos/as de primeiro curso presentáronse voluntarios/as para interpretar este conto  de OQO editora "O galo traganoces".
Queremos darvos as gracias por este traballo tan ben feito e interpretado.... Quedamos con ganas de volver a tervos na nosa biblioteca!!!!