martes, 28 de abril de 2020

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: OS XOGOS OLÍMPICOS

Ola, como vos atopades??? Esperamos que ben. Como anteriormente vos informamos dende o departamento de Educación Física do noso cole, xunto con outros coles da Mariña, lanzan unha divertida proposta basada nos Xogos Olímpicos, que como ben sabedes, e por mor deste Coronavirus, este ano os Xogos Olímpicos tamén #quedannacasa.

 Pois dende a biblio non queríamos ser menos e pensamos que sería boa idea proporñervos a seguinte actividade:


OLÍMPICOS DENDE A CASA


- A proposta consiste en que faigades un pequeno traballo de investigación sobre a temática "Os Xogos Olímpicos". Vale calquera formato de presentación.... Imaxinación ao poder!!!!! 

- O primeiro paso para calquera traballo de investigación é PARTIR DO QUE XA SABEDES, recabade toda a información que xa coñecedes. É un bo traballo para facer en familia,  entre todos quizáis xuntedes moita información. 

- O seguinte é que vos formuledes preguntas sobre o que VOS GUSTARÍA SABER, pois por exemplo: en que ano comenzaron os Xogos Olímpicos?? , por que se convocaron?? ,  Cales son as modalidades deportivas que se practican?, sempre foron as mesmas?, que modalidades deportivas loitan por ser consideradas de relevancia para participar nos xogos olímpicos? Celebráronse en España as Olimpiadas? Como se escollen as cidades nas que terá lugar este evento? Houbo algún galego /a nas olimpíadas? e algún ou algunha veciña de Viveiro ou da Mariña? Como se pode obtar a ser deportista olímpico? Cada canto tempo se celebran as olimpiadas?, Houbo algún ano que se suspendesen as olimpiadas ou este ano vai ser a primeira vez que aconteza?, Cal é o símbolo das olimpiadas? Que representa? .....

-  Finalmente podes añadir APORTACIÓNS PERSOAIS, do estilo cal é o deporte que máis che gusta, cóntanos si o practicas, si está incluído nos Xogos Olímpicos, si admiras a algún deportista olímpico e por que.... 

- Durante a búsqueda de toda esa información seguro que atoparedes CURIOSIDADES que vos resultarán interesantes para incluír no voso proxecto de investigación. 

- Podes incluír debuxos, fotografías, esquemas... para decorar e completar o teu proxecto. 

- Recorda: Todo traballo ten que incluír unha pequena relación de páxinas web ou bibliografía a que acudiche para a búsqueda de información.

Data de entrega: Xoves 7 de maio do 2020 (incñuído)

No hay comentarios:

Publicar un comentario